Dende fai un tempo veño ollando bastante de cerca todo o proxecto de Praza Pública con bastante interés, porque dende a desaparición de Vieiros penso que o periodismo na rede en galego quedou un poco orfo.
Fai non moito me preguntaron se estaba disposto a colaborar nun blog de Praza sobre Madrid, así que, en fin, cunha mezcla entre medo, respeto e vontade de facelo ben, hoxe naceu Madrid Mon Amour, un blog de dous galegos en Madrid (Manoel e mais eu) onde comentaremos a actualidade e a vida desta cidade dende un punto de vista galego.
Eu tentarei escribir dos recunchos máis interesantes da cidade que eu coñeza pero tamén de eses sitios, tan típicos e tan tópicos, que axudan de vez en cando nesta cidade a que os galegos nos sintamos un pouco máis como na terra.
Agardo que vos guste.