Blog de gadgets en gallego

Parto nesta entrada supoñendo que sabes que é un gadget e que coñeces un blogue de gadgets, como Xataka. E ben, Xataka tivo seu comezo, e foi a raíz doutro blogue, concretamente de Merodeando, o blogue de Julio Alonso, que é o CEO de Weblogs SL, empresa coa que colaboro actualmente.

E hoxe non quero precisamente falar de Weblogs SL, senón do futuro proxecto dun blogue de gadgets en galego. Ao igual que nesta entrada de Julio, cando buscaba a xente pra Xataka, hoxe escribo pra buscar a xente que esté disposta a un novo proxecto, o proxecto dun blogue de gadgets en galego. Eu xa o comentei vía correo electrónico con varias persoas, e as reaccións foron dispares: Manu di que non hai público lector suficiente pra un blogue así (eu creo que o mismo se dicía de Chuza e non hai máis que ver o portal agora mesmo), e outras persoas (entre elas algunha persoa destacada do Blogomillo) aceptaron o reto e se unen ao grupo.

Así que se te gustan as novidades en canto a eses cacharriños, tes blogue e te apetece escribir sobre ilo e en galego, faimo chegar nos comentarios ou a través da sección de Contacto.

Leave a Comment

{ 11 comentarios… léelos aquí o añade uno }

Manuls Enero 24, 2007 en 20:48

Ti sempre poñéndome de malo… eu digo iso porque a blogosfera está poblada de blogs de gadgets. Escarvas e atopas un en seguida, polo que un blog de gadgets non é a mellor forma de comezar algo, na miña opinión polo menos :)

Responder

Andrés Milleiro Enero 25, 2007 en 14:56

Penso que en fin, non só podería ser de gadgets, senón sería un blogue orientado a toda a tecnoloxía que sae da Galiza, gadgets (temos a Blusens) e software tamén, por que non, dando un lugar onde “falar” a todas esas comunidades que traducen software ao galego e sacan cousas interesantes…

Responder

xOsse Enero 24, 2007 en 23:40

O pior non é que esté poblada, o pior e a maioría son un simple copia e pega dos outros.

Responder

makeijan Enero 25, 2007 en 9:33

Xustatamente, xOsse. Non penso que sexa mala idea, pero habería que buscar nas fontes, e non copiar do xataka, microsiervos, gizmodo, etc.

En codigocero.com hai case sempre un apartado sobre o tema…

Sorte co proxecto igualmente, Andrés.

Responder

An Enero 25, 2007 en 9:36

Eu como non teño nin idea de nada de tecnoloxia…pois ei esperar a ver o que acontece…eso si, quenes o fagan teran a miña visita. Listo por hoxe

Responder

tempestade Enero 26, 2007 en 1:46

yo tan poco entendo desta tecnoloxia, pero me gust amuxo vuestra ciudad

Responder

An Enero 26, 2007 en 10:51

Galiza e tod moi fermosa :) inda que Juan esta fora da Galiza :P

Responder

eula Enero 26, 2007 en 13:35

!Mola a idea!
Un blog de paratos e chintofanos!
Eu apuntome a colaborar.

Responder

Chispa Enero 26, 2007 en 14:50

Calquer iniciatica a prol da nosa cultura é benvida. Os meus parabens.

Responder

An Enero 27, 2007 en 11:23

unha pregunta..Existen gadets feitos 100% na Galiza?

Responder

Andrés Milleiro Enero 27, 2007 en 11:30

Pois…eu penso que non. Blusens os fai en China, eu imaxino que non se fan aquí básicamente polo costo, igual que en España, non creo que haxa empresas que fabriquen eiquí…

Responder

{ 4 trackbacks }